As rúas San Xiao e Marqueses de Almeiras demandan solucións urxentes, segundo Alternativa de Culleredo

ACoruñaXa
O colectivo reclama que se retomen e rematen as obras na DP-3108 e que se asfalte e mellore a rede de saneamento na vía Marqueses de Almeiras
CULLEREDO San Xiao e Marqueses de Almeiras
2 Oct 2025

O grupo municipal Alternativa volveu poñer sobre a mesa no pleno local a situación de varias vías de Almeiras, acordando coa corporación a necesidade de intervencións inmediatas. A concelleira Thais Palla recordou que, malia o compromiso público do Concello e da Deputación o pasado 15 de agosto de retomar e finalizar as obras na DP-3108 (rúa San Xiao), aínda persisten tramos sen rematar con terra e grava, elementos deteriorados e sinalización insuficiente que supoñen molestias e riscos para os veciños.

Ademais, Alternativa pediu o asfaltado e a reparación da rede de saneamento na rúa Marqueses de Almeiras, actualmente prácticamente intransitable en varios treitos e fonte de queixas reiteradas por parte da veciñanza. Segundo sinalou o grupo, estas actuacións son «prioritarias» para garantir a accesibilidade e a seguridade no barrio.

O alcalde aceptou as peticións e comprometeuse a impulsar as actuacións necesarias para atender as demandas veciñais. Alternativa anunciou que permanecerá vixiante e seguirá esixindo prazos e solucións concretas para que as obras non queden pendentes.

⚙ Configurar cookies
0.067708015441895