As foodtrucks de Galicia Sabe Amar fan parada en Sada para promover o consumo de produtos do mar

A iniciativa itinerante Galicia Sabe Amar chegou a Sada ofrecendo degustacións de peixe, marisco e conservas das rías galegas a través das súas catro gastronetas. O obxectivo é fomentar o consumo destes alimentos, cada vez menos presentes na cesta da compra, e divulgar as súas propiedades nutricionais.
As foodtrucks están percorrendo diferentes concellos galegos, tras pasar por Boiro, Corcubión, Fisterra, Vimianzo e Santiago, e terán próximas paradas en Brión, Bergondo, Miño e Rois. A campaña busca achegar o mellor sabor do mar á cidadanía dun xeito novidoso e accesible.
A iniciativa tamén pretende poñer en valor a importancia económica e social da cadea mar-industria, que emprega a unhas 50.000 persoas en Galicia e representa arredor do 5% do PIB autonómico.