As festas infantís de Nadal chegan aos centros cívicos da Coruña con obradoiros, xogos e visitas dos Reis Magos

O Concello da Coruña porá en marcha este sábado as festas infantís de Nadal nos centros cívicos municipais, unha iniciativa coa que o Goberno local pretende apoiar a conciliación familiar durante as xornadas non lectivas e, ao tempo, dinamizar a actividade destes espazos de barrio.
Cada sesión contará con animación infantil, xogos e actividades lúdicas, ademais de obradoiros dinámicos. Como atractivo engadido, está prevista a visita dos Reis Magos a cada unha das celebracións, para que as nenas e nenos poidan entregarlles as súas cartas. As inscricións realizaranse na conserxería do propio centro cívico.
O calendario de festas distribuirase do seguinte xeito: O Castrillón (sábado 27, 16.30 horas), Monelos (sábado 27, 17.30), Eirís (domingo 28, 16.30), San Diego (domingo 28, 17.30), Elviña (luns 29, 16.30), Palavea (luns 29, 17.30), Monte Alto (martes 30, 17.30), Os Rosales (venres 2, 16.30), Novoboandanza (venres 2, 17.30), Os Mallos (sábado 3, 16.30), Mesoiro (sábado 3, 18.30), Cidade Vella (domingo 4, 16.30) e San Pedro de Visma (domingo 4, 17.30).
A programación infantil nos centros cívicos completarase coas últimas sesións de obradoiros e actividades na Casa dos Xoguetes, que rematarán o sábado 3 de xaneiro. O Concello lembra que toda a axenda de Nadal pode consultarse na súa web municipal.