As Festas de Sada 2025 continúan revelando detalles do programa con concertos do 15 ao 18 de agosto

O Concello de Sada continúa a dar a coñecer a programación das Festas de Sada 2025 e vén de anunciar o cartel musical correspondente aos días 15, 16, 17 e 18 de agosto, que se suma ás actuacións xa confirmadas para o 9, 10 e 14 deste mes. A variedade de estilos será protagonista na recta final das celebracións, combinando música coral, zarzuela, pop e verbena.
O venres 15 de agosto, o programa comezará ás 19.00 cun festival de música coral. Ás 20.45 será a quenda do grupo Amizades e ás 22.30 actuarán a orquestra París de Noia.
O sábado 16 ás 18.30 haberá concerto de Los Platinos. Ás 21.00 celebrarase unha gran gala de zarzuela coa Banda Municipal e, para pechar a noite, ás 22.30 subirá ao escenario a orquestra Los Satélites.
O domingo 17 ás 22.30 será a quenda da orquestra Miramar e o luns 18, tamén ás 22.30, actuará La Banda de Ayer, poñendo o broche final a esta parte da programación musical.