A partir deste luns, 12 de agosto, os barrios da Coruña encheranse de vida coa programación familiar de Cascarillarte, dentro das Festas de María Pita. Esta iniciativa, promovida polo Goberno de Inés Rey, está pensada para que os máis pequenos e as súas familias poidan disfrutar de maxia, música, teatro, malabares e humor.
Entre o 12 e o 30 de agosto, a cidade acollerá 14 espectáculos gratuítos que se distribuirán por diversos barrios. As actividades, programadas en horario de tarde, ás 19.30 horas, estarán centradas nas artes escénicas e buscarán achegar cultura e diversión aos coruñeses, especialmente ao público infantil. O programa abrangue zonas como Matogrande, Novo Mesoiro, Vioño, Sagrada Familia, Eirís, As Conchiñas e moitos outros puntos da cidade.
En caso de choiva, as actuacións terán localización alternativa no propio barrio. A programación completa é a seguinte:
Luns 12 de agosto
● Paco Nogueiras – Canto contigo – Campo da Leña – 19.30 horas
Martes 13 de agosto
● Danthea Teatro – Polichinella III – Praza das Conchiñas – 19.30 horas
Mércores 14 de agosto
● Caramuxo Teatro – A nena que vivía nunha caixa de mistros – As Paxariñas – 19.30 horas
Xoves 15 de agosto
● Pérez&Fernández – Pic-nic – Matogrande – 19.30 horas
Venres 16 de agosto
● Os contos de Pablísimo – CABICIVAI – Oza-Gaiteira – 19.30 horas
Luns 19 de agosto
● Náufragos Teatro – Hugo – Praza das Bárbaras – 19.30 horas
Martes 20 de agosto
● Títeres Mircromina – Raio The Loubican – Eirís – 18.00 horas
● Maga Fani – Maxia Rebuldeira de Rúa – Eirís – 19.30 horas
Venres 23 de agosto
● Pedras de cartón – Moby Dick – O Castrillón – 12.00 horas
Sábado 24 de agosto
● Aurora Artes Escénicas – Maruxiña – Sagrada Familia – 19.30 horas
Luns 26 de agosto
● Soledad Felloza – De Tin Marin – Palavea – 19.30 horas
Martes 27 de agosto
● Elefante Elegante – Cubo – Praza da Tolerancia – 19.30 horas
Xoves 29 de agosto
● Caxoto – Grandes éxitos – Vioño – 19.30 horas
Venres 30 de agosto
● Mago Román – Fábrica de Imposibles – Novo Mesoiro – 18.00 horas