As Capillas celebra o seu patrón cunha sesión vermú en honra a San Esteban

ACoruñaXa
A cita será o domingo 28 de decembro desde as 13.00 horas no local de Peóns Camiñeiros e contará coa actuación en directo de Erik Hidalgo e servizo de pulpeira
OZA-CESURAS vermú 28 diciembre
25 Dec 2025

A parroquia de As Capillas celebrará o vindeiro domingo, 28 de decembro, unha sesión vermú en honra ao seu patrón, San Esteban. O encontro comezará ás 13.00 horas e está pensado como unha xornada de convivencia para a veciñanza, xa que se prolongará durante a tarde.

A cita terá música en directo coa actuación de Erik Hidalgo, que porá banda sonora á celebración. Ademais, haberá servizo de pulpeira para quen queira xantar no lugar ou levar a comida, unha parte da organización que non corre a cargo do Concello.

O evento desenvolverase no local de Peóns Camiñeiros de As Capillas, situado na rúa Frais, número 21.

⚙ Configurar cookies
0.076953887939453