As Brigantias Roller Derby xogarán este sábado en Vigo o Campionato Nacional ARDE

ACoruñaXa
O equipo coruñés de Roller Derby desprazarase a Vigo o próximo sábado 20 de abril para disputar os partidos do campionato nacional
As Brigantias Roller Derby A Coruña, foron o primeiro equipo deste deporte na Coruña
15 Abr 2024

As Brigantias Roller Derby A Coruña viaxarán o próximo sábado 20 de abril ata Vigo para disputar os partidos da División 2 do Campionato Nacional ARDE (Asociación de Roller Derby de España).

Durante a xornada, as Brigantias xogarán contra os conxuntos madrileños de Black Thunders Derby Dames Madrid e Roller Derby Madrid B. Pola súa parte, Sereas Bravas Roller Derby Vigo tamén deberán enfrontarse a estes mesmos equipos.

Os partidos serán no pavillón Monte da Mina de Vigo e os horarios de todos os partidos son os seguintes: ás 12.00 horas: As Brigantias v. Roller Derby Madrid B; ás 14.00 horas: Black Thunders Derby Dames Madrid v. Sereas Bravas; ás 16.00 horas: As Brigantias v. Black Thunders Derby Dames Madrid; e ás 18.00 horas: Sereas Bravas v. Roller Derby Madrid B.

0.17332005500793