As Brigantias Roller Derby e as Irmandiñas disputaranse a Copa Federativa galega de Roller Derby
ACoruñaXa
O encontro será o vindeiro sábado 3 de febreiro no no pavillón polideportivo de Monte Alto
28 Jan 2024
Os dous equipos coruñeses de roller derby, As Brigantias Roller Derby A Coruña e CoruñaRoller Derby Irmandiñas enfrontaranse o vindeiro sábado 3 de febreiro nun partido quedecidirá o gañador da Copa Federativa galega, que este ano se resolve nun único encontro.
O partido terá lugar no pavillón polideportivo de Monte Alto ás 18.00 e a entrada será de balde.
Tanto As Brigantias como o seu equipo B xa estrearon a tempada; as primeiras cun triangular internacional contra Oxford Roller Derby e Hard Breaking Dolls Prague, e as segundas cun partido en Asturias contra La Güestia Roller Derby. En marzo continuarán con varios encontros da Liga ARDE (Asociación de Roller Derby de España).