As Brigantias gañan a Copa Federativa galega de Roller Derby

Os dous equipos coruñeses de Roller Derby, As Brigantias Roller Derby A Coruña e Coruña Roller Derby Irmandiñas enfrontáronse o pasado sábado 3 de febreiro nun partido que decidiu o gañador da Copa Federativa galega, que este ano se resolveu a partido único.
No encontro as Brigantias impuxéronse a Irmandiñas por un marcador de 232 a 19. Irmandiñas só puido contar con 8 xogadoras, metres que As Brigantias contaron con 12 xogadoras.
O próximo encontro das Brigantias será o sábado 2 de marzo no polideportivo de Elviña 2, A Coruña, onde se enfrontarán a Sereas Bravas Roller Derby Vigo dentro da Liga ARDE (Asociación de Roller Derby de España).