As bibliotecas municipais de Oleiros acollerán sesións de contacontos e obradoiros infantís
Unha variada oferta para os máis cativos
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) levaranse ao cabo para os nenos de entre 2 e 4 anos as seguintes actividades ás 18.30 horas: o 15 de febreiro 'Babá Bebé' de A Xanela do Maxín; o 29 de febreiro 'Fábulas' de Ramiro Amil; o 4 de abril 'Con certo aire musical' con Fran Amil; o 18 de abril, 'Leo e a música' de Trémola Teatro e o 2 de maio 'Son animal' de Paco Nogueiras.
Por outra banda, os nenos de 5 ou máis anos poderán desfrutar ás 18.30 horas das seguintes actividades: o 22 de febreiro 'Cantares gallegos ao ukelele' de Antón Ke; o 7 de marzo, 'E tí que queres ser de maior?' de Trémola Teatro. O 21 de marzo, 'O traxe novo do rei' de Pablo Díaz; o 9 de maio, 'Cantos contos canto' de Pablo Díaz e o 16 de maio, 'A nena do violino e a poesía' de Trémola Teatro.
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) as actividades dirixidas aos nenos de entre 2 e 4 anos serán as seguintes: o 31 de xaneiro, 'O coelliño branco' de Trinke Trinke Teatro; o 28 de febreiro, 'Cantos contos canto' con Pablo Díaz; o 13 de marzo, 'Porco, porquiño, ensíname o camiño' de Charo Pita; o 3 de abril, 'Bos días Leo'; o 17 de abril, 'Con certo aire musical' de Fran Amil e o 8 de maio, 'Contos no ar' de Ramiro Neira.
Mentres que os de 5 anos en diante poderán ás 18.30 horas desfrutar de: 0 21 de febreiro, 'A miña historia' con Trémola Teatro; 0 6 de marzo, 'Lúa quere viaxar a marte' con A Xanela do Maxín; o 20 de marzo, 'Amoriños contei' con Paco Nogueiras e o 15 de maio, 'Contos con miga' de Migallas teatro. Ademais, o 10 de abril, ás 17.30 haberá un espectáculo de maxía, 'Maxía e ciencia' da man de Ciencia Kids.
Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) a oferta será a seguinte para os cativos de entre 2 e 4 anos, ás 18.30 horas: o 2 de febreiro, 'Leo e a música'; o 15 de marzo, 'Cantos contos canto' con Pablo Díaz e o 19 de abril, 'Cueiros de cores' con Trinke Trinke Teatro. En cambio para os maiores de cinco anos: o 1 de marzo, 'Rebeldes' con Ramiro Neira e o 10 de maio, 'Con ou sen consentemento' con Fran Amil. Ademais, o 5 de abril haberá unha actividade para maiores de 6 anos ás 17.30 horas, 'Animalario: arte e pintura'.
Na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) contarán coas seguintes actividades, ás 18.30 horas para neno de entre 2 e 4 anos: o 19 de febreiro, 'Sabela e o paxaro máxico'; o 18 de marzo, 'Abrapalabra!' con Ramino Neira e o 22 de abril, 'Leo e os números' con Trémola Teatro. Os máis maiores (5 anos en diante) poderán desfrutar de: o 8 de abril, 'U-la lúa?' con A Xanela do Maxín e o 13 de maio, 'Coa cabeza a paxaros' de Charo Pita. Ademais, o 4 de marzo haberá unha actividade para maiores de 6 anos ás 17.30 horas, 'A cidade violeta'.
Na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) a oferta para nenos de 2 a 4 anos será a seguinte, ás 18.30 horas: o 20 de febreiro, 'O coelliño branco' con Trinke Trinke Branco; o 2 de abril, 'Leo e os números' de Trémola teatro e o 14 de maio, 'Contos do meu avó' con Ramiro Neira. Os maiores de 5 anos poderán desfrutar de: 'Exploradoras' o 5 de marzo e de 'Extra!' o 23 de abril. Ademais, o 19 de marzo ás 17.30 habrá un obradoiro científico para nenos de máis de 6 anos.
Na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) os nenos de entre 2 e 4 anos poderán desfrutar ás 18.30 horas de: 'Rosalía pequena' con Ramiro Neiro o 23 de febreiro; 'Cueiros de cores' con Trinke Trinke Teatro o 22 de marzo e 'O cazador de contos' con Ramiro Neira o 26 de abril. Mentres que os maiores de 5 anos: o 8 de marzo terán unha cita con 'Unha nena moi moi valente' con Ramiro Neira, o 12 de abril con 'Con ou sen consentmento' con Fran Amil e o 10 de maio, 'Da cabeza aos pés' con Charo Pita.
E por último, na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) os cativo de 2 a 4 anos poderán desfrutar ás 18.oo horas con: 'Con certo aire musical' con Fran Amil o 22 de febreiro; 'Leo e as cores' con trémola Teatro o 21 de marzo e 'Tatarantantarantiña' con Charo Pita o 25 de abril. Os de 5 anos en diante terán: o 7 de marzo unha cita con 'De princesas vai o conto' con Proyecto Bululú; 'Os libros da Titiriteira' con A Xanela do Maxín o 11 de abril e 'Animais do bosque' con Trinke Trinke Teatro o 9 de maio.