As bibliotecas de Oleiros celebran o Entroido con obradoiros de máscaras 'pop up' para a cativada


A rede de bibliotecas públicas municipais do Concello de Oleiros organiza unha programación especial de Entroido con obradoiros de creación de máscaras 'pop up' dirixidos a crianzas a partir de 6 anos. As actividades desenvolveranse entre o 9 e o 19 de febreiro, con inicio ás 17.30 horas e unha duración de 120 minutos por sesión.
Para participar é imprescindible inscribirse na biblioteca na que se celebre cada obradoiro. O aforo está limitado a 20 nenos e nenas por quenda, polo que cómpre reservar praza de maneira presencial ou chamando ao teléfono correspondente. As inscricións poden facerse desde 10 días antes da data de cada actividade.
O Concello lembra tamén que as crianzas deberán estar acompañadas por unha persoa adulta no recinto da biblioteca ata que remate o obradoiro.
Calendario e bibliotecas:
- 9 de febreiro: Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) (981 626 638)
- 10 de febreiro: Biblioteca Manuel María (Oleiros) (981 610 700)
- 11 de febreiro: Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) (981 626 338)
- 12 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda (981 639 511)
- 13 de febreiro: Biblioteca Mª José Trincado Mera (981 628 507)
- 18 de febreiro: Biblioteca Ánxel Fole (Nós) (981 664 257)
- 19 de febreiro: Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) (981 618 201)