As bibliotecas de municipais de Arteixo cumpren máis de 30 anos de historia pasados por libros
Neste 2024, as bibliotecas de Arteixo cumpren 35 anos desde a apertura ao público da Biblioteca Central, entón ubicada no edificio de Servizos Múltiples, no local que agora ocupa o xulgado de Paz.
Desde entón, o Concello abriu catro puntos de lectura en Meicende, Oseiro, O Froxel e Pastoriza, sendo a de Meicende que foi aberta en abril de 1994 outra das que fai efeméride, cumprindo un número redondo desde a súa apertura: 30 anos. Tres décadas desde que o Colexio San Xosé Obreiro habilitase, en acordo co Concello, un aula para tal fin.
A Biblioteca Central leva agora 25 anos ubicada no Centro Cultural «Manuel Murguía», no primeiro andar, e supuxo unha evolución importante desde aquel ano 1989, xa que medrou en espazos como os adicados a audiovisuais e depósito.
A día de hoxe, unha das asignaturas pendentes, segue a ser un espazo adicado únicamente a sala de estudo pero, para arranxalo de xeito temporal, habilitáronse 14 postos de estudo na sala de audiovisuais onde poder estudar e sendo compatible coas actividades das mañás co alumnado de primaria e infantil e que se prolongan de xaneiro a abril.
Os "bestsellers" do 2023
No pasado ano 2023, a Biblioteca Central 'Henrique Rabuñal' regresou aos números anteriores (de préstamos e asistencia diaria) aos anos afectados pola pandemia do COVID-19, de xeito que xa está instalada a normalidade neste aspecto.
En relación aos libros máis solicitados no ano 2023 destacan o cómic manga con títulos como 'Naruto', 'One Piece', 'My Hero Academia' o 'Dragonball' que, sendo como son, coleccións dun número considerable de volumes, multiplican os préstamos.
Por outro lado, está a narrativa de adultos no que destacan 'La hora de las gaviotas', de Ibón Martín; 'Historias de mujeres casadas' de Cristina Campos; 'Indira', de Santiago Díaz ou 'La química del amor', de Ali Hazelwood.
No referente ao mundo xuvenil, destacar 'A balada dos unicornios', de Ledicia Costas; 'Culpa mía', de Mercedes Ron; 'La hija de la noche, de Laura Gallego ou 'La rama seca del cerezo', de Rafael Salmerón.
No tocante ao libro infantil os títúlos máis prestados e demandados foron: 'Teo descubre el mundo', de Violeta Denou; 'El diario mágico de Anna Kadabra', de Pedro Mañas; 'Monstruo azul', de Olga de Dios; 'La rana Ramona', de Nick Denchfield e, en galego, 'Primera semana na escola de vacas' de Andy Cutbil, 'A vaca que puxo un ovo', do mesmo autor; 'A vaca que subiu a unha árbore' de Gemma Mariño ou 'O castañeiro de abril', de Antonio Manuel Fraga.