As ANPAS de Oleiros organizan unha charla sobre a necesidade do uso saudable da tecnoloxía

ACoruñaXa
O Auditorio As Torres de Santa Cruz acollerá o xoves a charla: 'Como promover un uso saudable da tecnoloxía na infancia e adolescencia?'
Imaxe de adolescentes empregando as novas tecnoloxías
19 Mar 2024

O vindeiro xoves 21 de marzo ás 18.00 horas as ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros organizan no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz unha charla sobre a promoción do uso saudable da tecnoloxía na infancia e na adolescencia.

No acto participará Antonio Rial Boubeta, doutor en psicoloxía social e profesor da USC experto en mocidade e adiccións. Ademais, a charla estará aberta para todo o público que desexe asistir.

0.1625669002533