Arteixo viviu con éxito a celebración do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo que organizou Xiradela

ACoruñaXa
Unhas 600 persoas entre participantes e público se deron cita na tarde de onte, domingo 12 no Paseo do Balneario de Arteixo
Imaxe da celebración do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo que organizou Xiradela
14 May 2024

A 36ª edición do Día da Muiñeira de Arteixo, que año tras año organiza la A.X. Xiradela celebrouse con éxito na tarde de onte, domingo 12 de maio no Paseo do Balneario. A peza escollida para esta ocasión, e que executaron de xeito conxunto todos os grupos de baile ata en tres ocasións, foi a ‘Muiñeira do Século XII’. Estímase que se congreraron unhas 600 persoas nesta cita.

Nesta ocasión participan 12 agrupacións e un total de 28 grupos de baile, sumando ao redor de 300 persoas bailando a mesma peza a un tempo no Paseo do Balneario de Arteixo. O público, aproximadamente outras 300 persoas, seguiu ao vivo esta proposta cultural a pé de rúa, houbo quen se animou a bailar un agharrado ao final da cita. A tarde foi de festa e ata público, bailadores, bailadoras, e músicos se animaron a facer unha onda coas mans ao xeito dos recintos deportivos que recorreu o Paseo do Balneario de inicio a fin con ida e volta. Unha anécdota que dá conta do ambiente de diversión que se viviu neste XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo.

A lista de agrupacións que fixeron parte do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo é a seguinte:

  1. A. F. Ancoradoira (1 grupo) (Culleredo - O Burgo)
  2. CEIP Ponte dos Brozos (1 grupo) (Arteixo)
  3. CEIP Arteixo (1 grupo) (Arteixo)
  4. CEIP Galán (1 grupo) (Arteixo)
  5. Colexio Sagrado Corazón Franciscanas (3 grupos) (A Coruña)
  6. Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos (6 grupos) (Betanzos)
  7. Asociación Cultural Xacarandaina (1 grupo) (A Coruña)
  8. AC Nemeth (5 grupos) (Carballo)
  9. Asociación Cultural Santa María de Torás (2 grupos) (A Laracha)
  10. A C A Marola (3 grupos) (Mera – Oleiros)
  11. Agrupación Folklórica Folliñas (1 grupo) (Oleiros)
  12. A.X. Xiradela (3 grupos) (Arteixo)

Ao final do acto as asociacións participantes recibiron un detalle en lembranza pola súa participación no XXXVI Día de la Muiñeira de Arteixo. Tamén se repartiu unha merenda aos bailadores e bailadoras participantes. Antes de finalizar tomaron a palabra a concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Arteixo, María Dubra, e a presidenta da A.X. Xiradela, Uxía Verdía.

Nesta cita dominical, organizada por la A.X. Xiradela desde o ano 1987, colaboran o Concello de Arteixo, Vegalsa – Eroski e Mesturiña Galega.

A ‘Muiñera do Século XII’ de Xan Macías e Castor Cachafeiro

A peza que se bailou neste XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo chámase Muiñeira do Século XII. Fai parte do repertorio de Xan Macías e Castor Cachafeiro.

Xan Macías foi un gaiteiro de Viana do Bolo que se trasladou para á Coruña onde formou parte dos Catro de Galicia. O nome elixírono debido a que cada un dos compoñentes procedían dunha das catro provincias galegas. Foron os predecesores do grupo Os cindo de Galicia.

Xan Macías emigraría máis tarde desde A Coruña a Venezuela ondo tocou na Irmandade Galega de Caracas con Castor Cachafeiro (un dos gaiteiros de Soutelo). Foi alí onde aprendeu esta Muiñeira do Século XII.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21374320983887