Arteixo vibrará na xornada do regreso de 'Por amor ao canto'

Regresa 'Por amor ao canto' a Arteixo cunha nova xornada dedicada á música tradicional galega. O evento terá lugar o venres 14 de febreiro na Praza do Balneario a partir das cinco da tarde.
Os grupos de canto e pandeireta das actividades sociais serán os encargados de abrir a actuación, nunha celebración do talento local e da tradición musical. O acto pecharase cun concerto especial de Silvia Penide, que presentará o seu espectáculo 'Concerto para laranxas enteiras".
A música en directo volverá a ser protagonista nunha cita pensada para gozar da cultura e da tradición en Arteixo'.