Arteixo promove un curso sobre bebidas fermentadas naturais no Parque de Monticaño

ACoruñaXa
A actividade, impartida por Soledad Saburido, celebrarase o sábado 29 de novembro en horario de mañá e inclúe degustación final
ARTEIXO cursos bebidas fermentadas
25 Nov 2025

O Espazo Municipal Ecolóxico Arteixo/Sumarte organiza para o sábado 29 de novembro un curso centrado na elaboración de bebidas fermentadas naturais, unha formación que permitirá ás persoas asistentes achegarse ao mundo da fermentación tradicional, os fermentos salvaxes e a creación de refrescos botánicos caseiros. A sesión será impartida pola especialista Soledad Saburido e desenvolverase no Parque de Monticaño (Pastoriza) entre as 09.30 e as 14.30 horas.

O programa inclúe unha introdución teórica á fermentación, a explicación dos materiais necesarios, os principios básicos deste proceso, a fermentación alcohólica, o estudo de fermentos salvaxes e cultivos nai, así como a elaboración do coñecido 'ginger bug', base para preparar refrescos naturais. A actividade rematará cunha degustación das elaboracións realizadas durante o taller.

O curso ten un prezo de 25 euros para persoas empadroadas, usuarias de Sumarte ou participantes de biciArteixo, mentres que o importe xeral é de 35 euros. As prazas son limitadas a 15 asistentes, que se cubrirán por orde de inscrición a través da ligazón facilitada pola organización. Cada participante poderá levar para a casa os seus propios preparados.

⚙ Configurar cookies
0.071193933486938