Arteixo programa o Nadal infantil con SUMANEVE, un campamento en Monticaño e obradoiros gratuítos no Muiño Vello

Arteixo contará este Nadal coa iniciativa SUMANEVE 25-26, unha programación pensada para a cativada que combina un campamento de mañá e obradoiros de temática natalicia. A actividade está orientada a nenos e nenas de 6 a 10 anos e busca ofrecer alternativas de lecer durante as vacacións escolares.
O campamento de Nadal celebrarase en Monticaño (Pastoriza) en horario de 9.30 a 14.30 e inclúe merenda. As datas previstas son o 22, 23, 24 e 26 de decembro, ademais do 29, 30 e 31 de decembro e o 2 de xaneiro.
En paralelo, SUMANEVE inclúe obradoiros de Nadal gratuítos no Muiño Vello, que se desenvolverán do 22 de decembro ao 3 de xaneiro. A organización lembra que as prazas son limitadas, polo que é necesario realizar inscrición.
As persoas interesadas poden solicitar información e anotarse a través do correo sumarte@sumarte.gal ou nos teléfonos 698 193 000 e 981 659 090.