Arteixo presenta o programa de Nadal 2025-2026 que comezará este venres co acendido das luces

ACoruñaXa
Mercados, festivais e as tradicionais visitas de Papá Noel e os Reis Magos marcarán un mes de decembro cheo de actividades para todas as idades
ARTEIXO luces nadal
4 Dec 2025

O Nadal chega a Arteixo cun completo programa de actividades que se desenvolverán ata o 5 de xaneiro, día no que terá lugar a Gran Cabalgata de Reis.

Entre as propostas destacan o Concurso de Escaparates, que se celebrará do 1 ao 14 de decembro, e a Exposición de Fotografías na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural (CCC) de Arteixo, aberta ata o 15 de decembro. Ademais, os centros sociais acollerán os tradicionais Ágapes Navideños ata o 27 de decembro.

O acendido das luces realizarase este venres, 5 de decembro, na Praza do Balneario, coincidindo coa chegada de Papá Noel á zona peonil. Ademais, o Mercado de Nadal estará instalado no Paseo Fluvial da Igrexa do 5 de decembro ao 5 de xaneiro, onde tamén se poderá visitar a Casita de Papá Noel entre o 6 e o 24 de decembro.

O 19 de decembro celebrarase o Festival de Panxoliñas no Centro Cívico Cultural Manuel Murguía, mentres que o 21 haberá varias actividades como a Feira do Galo na Praza do Balneario, un concerto benéfico na igrexa parroquial e un encontro para maiores no Pazo dos Deportes.

O 22 de decembro, as rúas do centro de Arteixo e A Xiradela enchéranse de panxoliñas cun pasarrúas, e as bibliotecas de Meicende e Central ofrecerán actividades navideñas durante varios días. Ese mesmo día comezarán tamén o V Torneo de Xadrez na Biblioteca Central, o campamento “Viaxe ao Polo Norte” no Centro Social de Vilardevrancos, o laboratorio “O Apalpador” no CCC Manuel Murguía, e o Campus Nadal no Complexo Deportivo Municipal.

Nos últimos días de decembro, do 26 ao 30, levaranse a cabo obradoiros e actividades de Arteixogo Nadal na Praza do Balneario, que tamén acollerá a Casita do Cartero Real do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. O 27 celebrarase o Festival Cantos de Nadal no CSC de Meicende, e o 29 haberá teatro familiar no Auditorio do CCC Manuel Murguía. A Festa de Fin de Ano terá lugar o 31 na Praza do Balneario.

Xa en xaneiro, os Reis Magos visitarán distintos barrios de Arteixo en varias rutas: o 2 a Ruta A (Barrañán, Chamín/Sorrizo, Monteagudo, A Cachada e Larín); o 3 a Ruta B (Sueves, Rañobre, Alto de Arteixo e O Rañal); o 4 Uxes, Loureda, A Loxa e Galán; e o 5 Vilardomonte, Oseiro, Pastoriza e Meicende. A programación concluirá coa Gran Cabalgata de Reis na Avenida Balneario González e a Praza do Balneario.

PROGRAMA COMPLETO DE NADAL 2025-2026 EN ARTEIXO

⚙ Configurar cookies
0.077719926834106