Arteixo presenta a axenda do programa cultural 'Verán de Estrelas'
A Concellería de Cultura do Concello de Arteixo presenta a súa nova programación para os meses de verán, baixo o título 'Verán de Estrelas'.
O programa inclúe unha ampla variedade de actividades dirixidas a todo tipo de públicos, como música, literatura, cinema, monicreques, maxia, inchables e exposicións.
As actividades que comezarán o próximo 28 de xuño e estenderanse ata o 30 de setembro concentraranse, principalmente, na Capela e a Praza do Balneario, ofrecendo unha contorna especial e acolledora para os asistentes.
Dende o Concello sinalan que a programación foi deseñada para garantir o goce e a participación de toda a comunidade, con eventos que promoven a cultura e o entretemento durante os meses estivais.
Programa:
- Exposicións:
'Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872)': Facer no século da Fundación Juana de Vega. Do 1 ao 17 de xullo.
Esta mostra promovida en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades (Xunta de Galicia) nace coa intención de por en valor a traxectoria de Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do seu falecemento en 2022. A través de 20 paneis informativos
farase un repaso pola historia de Juana de Vega e os principais fitos da súa vida. remarcando os acontementos máis relevantes.
Pinturas de Lola Vivero: do 2 ao 30 de setembro.
- Letras con música, maxia e humor:
Presentación do libro 'O arrecendo das noites de vísperas' de Pablo Mariño: o venres 28 de xuño ás 20.30 horas na Capela do Balneario.
Actuación musical de Irma Macías e Luis Pinto: o sábado 29 de xuño ás 20.30 horas na Capela do Balneario.
Presentación do libro Letras a capela do Obradoiro de Escrita Creativa: o venres 5 de xullo ás 19.30 horas na Capela do Balneario.
Soul e Literatura, un paseo, entre liñas, pola música negra de Black: o venres 5 de xullo ás 20.30 horas na Capela do Balneario.
Actuación musical de Breo Trío: o venres 12 de xullo ás 20.30 horas na Capela do Balneario.
Charla-concerto Popsía de Fran Amil: o venres 19 de xullo ás 20.30 horas na Capela do Balneario.
Concerto da Banda Xuvenil da BMA e amigos: o xoves 25 de xullo as 18.00 horas no Patio-Xardín Centro Concilia Balneario.
O museo encantado do Mago Dani García: o venres 26 de xullo ás 18.30 horas na Praza do Balneario.
Actuación musical de Lucía Pérez coa Banda de Música Santiago de Arteixo: sábado 27 de xullo ás 20.30 horas na Praza do Balneario.
- Días de cinema:
'O gato de Don Corleone' de Federico A. Rioboo: todos os luns de agosto ás 10.00 horas e 11.30 horas na Capela do Balneario (Laboratorio de Cinema).
'Cuñados': o venres 2 de agosto ás 22.30 horas na Praza do Balneario (no caso de choiva, Capela).
'As Bestas': o venres 9 de agosto ás 22.30 horas na Praza do Balneario (no caso de choiva, Capela).
'Unicorn wars': o martes 13 de agosto ás 22.30 horas na Praza da Igrexa de Pastoriza.
'O corno': o venres 16 de agosto ás 22.30 horas na Praza do Balneario (no caso de choiva, Capela).
'El método Williams': o venres 23 de agosto ás 22.30 horas na Praza do Balneario (no caso de choiva, Capela).
'Matria': o venres 30 de agosto ás 22.30 horas na Praza do Balneario (no caso de choiva, Capela).
- Monicreques:
'Xela contra o dragón Tragaverbas' de Títeres Cachirulo': o venres 6 de setembro ás 18.30 horas na Capela do Balneario de Arteixo.
'Os ourizos' de Barafunda: o venres 13 de setembro ás 18.30 horas na Capela do Balneario.
'Os monicreques de sempre de Pekexogo': o venres 20 de setembro ás 18.30 horas na Capela do Balneario.
O programa completo pode consultarse a través da seguinte ligazón.