Arteixo prepara a fin da celebración do centenario do pasamento de Manuel Murguía

ACoruñaXa
O 2 de febreiro porase punto e final ás actividades conmemorativas do centenario do pasamento de Manuel Murguía
Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía
30 Xan 2024

Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo) o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 2 de febreiro de 1923  tivo un gran compromiso coa cultura e a identidade de Galicia. Por este motivo o Concello de Arteixo, a través da Concellería de Cultura, organizou e participou dende o ano pasado en distintos actos honrando a figura do Patriarca das Letras.

Para pechar esta efeméride, o Pleno da Corporación aprobou, por unanimidade, nomear ao Centro Cívico Cultural de Arteixo como Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía, como lugar de referencia e máis identificado co movemento cultural e co eido literario galego. Ademáis, como peche deste longo ano (2 febreiro 2023-2 febreiro 2024), preténdese implicar a mocidade no coñecemento dunha figura tan importante para Galicia e tan relacionada coa historia local, con 2 actividades ben distintas na procura da inmensión da xente máis nova na cultura do seu pobo.

Por este motivo, este venres, 2 de febrero, terán lugar:

Unha visita ao alumnado de 1º de primaria do CEIP de Arteixo do Sr. Murguía (actor Jose Losada) para explicar quen foi e que representa para as letras galegas. Estas visitas se repetirán durante toda a vindeira semana en todos os centros educativos de primaria do término municipal (14 visitas dirixidas a uns 300 alumnos). Ao remate de cada “contacontos escenificado”, se lles entregará aos presentes un exemplar do libro Os Bolechas, as miñas primeiras Letras Galegas de Pepe Carreiro e adicado ao 1º fillo predilecto do Concello de Arteixo Manuel Murguía.

Os últimos ciclos de secundaria e bacharelato dos centros de ensino da localidade están convidados ao acto de presentación do libro 'Manuel Murguía. Homenaxe', ás 12.00 horas no Auditorio do CCC Manuel Murguía de Arteixo, no Paseo Fluvial. Esta publicación é unha edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP)-Xunta de Galicia en conmemoración do centenario do falecemento do historiador e polígrafo.

Este libro compleméntase cunha Presentación, asinada polo Consellleiro de Cultura, Educación FP e Universidades, Román Rodríguez González, e cuns Anexos, que reproducen o Discurso de Manuel Murguía nos Xogos Florais de Tui (1891); o artigo “Manuel Murguía, o gran precursor”, de Francisco Fernández del Riego; Cronobiografía (de Teresa Monteagudo Cabaleiro e Luís Alonso Girgado) e máis unas ilustracións murguinianas achegadas por Siro López.

0.19189095497131