Arteixo organiza o V Torneo de Xadrez das Bibliotecas na Central Henrique Rabuñal

A Biblioteca Central 'Henrique Rabuñal' de Arteixo acollerá os días 22 e 23 de decembro a quinta edición do Torneo de Xadrez das Bibliotecas, unha iniciativa dirixida a fomentar este deporte intelectual entre persoas de todas as idades.
O torneo está aberto á participación de público infantil, xuvenil e adulto, polo que se presenta como unha actividade interxeracional que promove a concentración, a estratexia e o pensamento lóxico nun ambiente cultural e educativo.
As inscricións permanecerán abertas ata o venres 19 de decembro ou ata completar as prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden formalizar a súa participación chamando ao teléfono 981 659 106. Desde o Concello de Arteixo animan á veciñanza a sumarse a esta proposta, que se consolida como unha cita destacada dentro da programación cultural das bibliotecas municipais.