Arteixo oferta máis de 100 actividades no seu programa deportivo de verán
ACoruñaXa
O programa conta coa colaboración de diversas entidades deportivas do Concello, co fin de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo
22 Maio 2024
O Concello de Arteixo vén de presentar o Programa Deportivo de Verán 2024 que contará con máis de 3.000 prazas en máis de 100 actividades para a rapazada do municipio.
O programa conta coa colaboración de diversas entidades deportivas do Concello, co fin de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo. Coa fin de promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais, a Concellería de deportes a través deste programa, continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora.
Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais.