Arteixo incorpora unha biotrituradora con eiruga para potenciar a xestión sostible da biomasa

O Concello de Arteixo dá un paso máis na xestión ambiental coa adquisición dunha nova biotrituradora equipada con rodas de oruga, apta para operar en terreos irregulares e de difícil acceso. O equipo, adxudicado por 26.620 euros tras licitación pública, permitirá reducir in situ a vexetación e restos de poda, diminuíndo o volume de refugallos e promovendo o seu aproveitamento.
As primeiras intervencións realizaranse nos vindeiros días na marxe esquerda do río Bolaños, desde o parque ata Loureda, onde os operarios cortarán e recollerán biomasa para a súa posterior trituración.
Paralelamente, poñerase en marcha en Pastoriza un proxecto piloto de atención veciñal. Cando o volume de restos de poda sexa elevado, o Concello procederá á recollida; se é reducido, a biotrituradora poderá traballar directamente nos domicilios. O material resultante poderá empregarse como fertilizante natural ou incorporarse a mesturas de compostaxe. O servizo terá un custo simbólico e será prestado exclusivamente por persoal municipal. Unha vez rematada a fase de proba, informarase do procedemento para solicitalo a través de WhatsApp.