Arteixo impulsa unha nova cartografía para un municipio máis verde

ACoruñaXa
O proxecto aposta pola integración da natureza no ámbito urbano e rural para afrontar os retos ambientais
ARTEIXO desde el aire
8 Aug 2025

O Concello de Arteixo adxudicou á empresa Idyma-Núcleo Galicia a actualización da cartografía municipal cun investimento de 61.600 euros. Este proxecto permitirá elaborar unha infraestrutura verde que reestruture a rede de zonas naturais, seminaturais e áreas verdes, tanto no entorno urbano como rural.

Entre os obxectivos destaca a mellora do inventario dos bens municipais e o apoio ao desenvolvemento das actividades urbanísticas, integrando a natureza como un elemento clave para o benestar da cidadanía. Ademais, esta actuación busca conservar o patrimonio natural do concello e adaptar o territorio aos retos que supón o cambio climático.

Con esta iniciativa, o Concello pretende contribuír a unha mellor calidade de vida para os veciños e veciñas, promovendo un modelo de cidade máis sostible e respectuoso co medio ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.23739218711853