Arteixo impulsa o Hércules Club de Golf como referente deportivo e turístico

ACoruñaXa
A entidade promove a Semana Grande do Golf, unha iniciativa de portas abertas para promover o coñecemento do club
arteixo-golf
12 Jun 2025

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, visitou recentemente a xunta directiva do Hércules Club de Golf con motivo da celebración da Semana Grande do Golf que promove esta entidade deportiva. No encontro, ao que tamén asistiu a concelleira de Deportes, Purificación Zas, abordáronse asuntos de interese común e presentáronse as principais liñas de traballo do club.

O presidente do Hércules, Jesús Seoane Pereiro, foi o encargado de expoñer aos representantes municipais os proxectos e retos do club, así como unha serie de propostas para facilitar o acceso dos veciños de Arteixo ao club e fomentar a práctica do golf entre a poboación. “Ha sido una reunión muy positiva”, destacou Seoane, quen subliñou que o alcalde “ha sabido entender nuestras inquietudes y hemos percibido su interés en hacer del club de Larín una referencia en Galicia”.

Un dos temas centrais da reunión foi a petición da dotación de subministro eléctrico á parte alta do campo de golf. Actualmente, o sistema de rega do céspede funciona con un xerador que implica altos custos de combustible e mantemento. O club solicitou ao Concello a acometida eléctrica ata esa zona, sendo o consumo a cargo do Hércules. Esta medida permitirá optimizar as tarefas de rega e aproveitar mellor o pozo de auga existente nos terreos do club. Ademais, esta infraestrutura abriría a posibilidade de que o Concello acceda ao acuífero para reforzar o abastecemento de auga en diferentes zonas da rede municipal, supoñendo un beneficio importante para toda a veciñanza. Calvelo comprometeuse a estudar a proposta e a súa viabilidade técnica xunto cos responsables de Sumarte, entidade municipal encargada do abastecemento.

Por outra banda, o Hércules puxo á disposición da concellería de Deportes a xestión para a creación dunha escola municipal de golf no campo de Larín. “Somos una entidad abierta a la sociedad y nos comprometemos a facilitar la práctica del golf a cualquier persona con ganas o curiosidad por conocer esta disciplina deportiva”, lembrou Seoane. A concelleira Purificación Zas agradeceu a proposta e comprometeuse a estudar o proxecto dentro do marco das escolas municipais existentes en Arteixo. “Una instalación como ésta es una oportunidad para que nuestros vecinos puedan disfrutar de una actividad deportiva de este nivel”, valorou Zas.

Durante o encontro, destacouse que varios mozos da zona formados no Hércules compiten a alto nivel e, nalgúns casos, lograron bolsas de estudo e deporte en universidades dos Estados Unidos. “Ante el cliché infundado de que el golf es un deporte de ricos o de jubilados, en Arteixo se demuestra desde hace años que es accesible y que numerosos jóvenes practican golf en nuestro campo sin ningún tipo de barrera”, sinalou Seoane, quen subliñou que un dos principios fundacionais do club é a promoción do golf de forma aberta e para todo o público.

Ademais, a directiva presentou un proxecto para dinamizar o campo como un atractivo para o turismo de golf. O club mantén contactos con empresas de turismo local e touroperadores especializados en viaxes de golf. “El Concello coincide en nuestra visión de dinamizar el golf como un recurso turístico de Arteixo y su área de influencia, algo que nos motiva a trabajar para que la presencia del club sea beneficioso para las empresas turísticas y la economía local”, afirmou o presidente.

O alcalde comprometeuse a manter novos encontros para ir dando resposta ás ideas expostas, mentres que Seoane expresou o seu desexo de que “la presencia de nuestra entidad revierta de forma positiva en todos los vecinos de la parroquia de Larín, promoviendo mejoras en infraestructuras de la mano del Concello”.

Fundado en 1996 por un grupo de afeccionados ao golf da zona, o Hércules Club de Golf está situado en Larín e conta con 18 buracos distribuídos en 34 hectáreas. A entidade supera os 400 socios e máis de 650 licenzas federativas, e dá emprego directo a 12 persoas.

A Semana Grande do Golf é unha iniciativa de portas abertas para promover o coñecemento do club e a súa oferta deportiva. Durante esta semana celebráronse torneos, encontros con diversos grupos de interese e ofertáronse descontos especiais para iniciarse na práctica do golf.

⚙ Configurar cookies
0.17309498786926