Arteixo fixa a Feira de Oportunidades para a primeira fin de semana de marzo

ACoruñaXa
A cita celebrarase do 6 ao 8 de marzo no Campo da Festa e o prazo para inscribirse pecha o 15 de febreiro, con tramitación pola sede electrónica
ARTEIXO feira oportunidades 26'
5 Feb 2026

O Concello de Arteixo, a través da Concellaría de Promoción Económica, prepara unha nova edición da Feira de Oportunidades, unha das citas comerciais máis concorridas do municipio, que terá lugar no Campo da Festa os días 6, 7 e 8 de marzo de 2026.

A feira abrirá o venres 6 de marzo en horario de tarde (17.00h a 20.00h) e continuará o sábado 7 (10.00h a 20.00h) e o domingo 8 (11.00h a 20.00h), coa participación de establecementos locais que ofrecerán produtos en condicións máis vantaxosas para dar saída ao stock e promocionar a súa actividade.

O prazo para que os comercios interesados presenten a solicitude está aberto do 4 ao 15 de febreiro (ambos incluídos) e o Concello lembra que o trámite debe facerse obrigatoriamente pola sede electrónica. As prazas son limitadas e os espazos adxudícanse, con carácter xeral, por orde de inscrición.

⚙ Configurar cookies
0.077846050262451