Arteixo estreará o peche dixital do colector orgánico cun desconto do 15% na taxa do lixo de 2026

ACoruñaXa
O programa arrinca no núcleo urbano e premiará co paso de 62,92 a 53,48 euros por semestre aos fogares que soliciten a tarxeta electrónica e separen correctamente a fracción orgánica
ARTEIXO basura
17 Nov 2025

O concello de Arteixo pon en marcha esta semana no núcleo urbano un novo sistema de peche dixital nos colectores de orgánico que permitirá ás persoas inscritas nun programa ambiental obter unha rebaixa do 15% na taxa do lixo de 2026. Só quen dispoña da tarxeta electrónica poderá abrir o colector e depositar a fracción orgánica en bolsa compostable, co obxectivo de mellorar a calidade do residuo e facilitar o seu reciclaxe.

Os fogares que se adhiran ao programa verán reducir o recibo doméstico semestral de 62,92 a 53,48 euros. A tarxeta pode solicitarse a través da web, no correo bonificacionrsu@arteixo.org ou de maneira presencial na casa consistorial de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas e de luns a xoves entre as 16.30 e as 18.30 horas, achegando o DNI e cubrindo unha declaración responsable. Unha vez activada, a tarxeta deberá achegarse á zona de lectura situada á dereita do pictograma do colector ata que se acenda a luz verde ou soe o sinal de apertura.

Arteixo municipalizou o servizo de recollida de residuos en 2018 e foi o primeiro concello de Galicia en instalar illotes de cinco colectores para separar orgánico, vidro, papel-cartón, envases lixeiros e fracción resto, un modelo que agora se reforza con este novo sistema dixital.

⚙ Configurar cookies
0.072867155075073