Arteixo detecta un novo vertedoiro ilegal

O Concello de Arteixo informa da localización dun vertedoiro ilegal na localidade. Os vixiantes medioambientais foron avisados e están a xestionar a inspección do lugar e as actuacións necesarias para proceder á súa limpeza e asegurar a retirada correcta dos residuos.
Desde o Concello pídese á cidadanía que colabore denunciando calquera abandono de enseres que detecte na vía pública. Para solicitar a recollida domiciliaria de enseres, pódese contactar co servizo municipal nos teléfonos 981 65 91 60 e 981 65 91 61; indícarase o punto exacto onde depositalos e o equipo municipal procederá á súa retirada. Como alternativa, os veciños poden levar os obxectos directamente ao Punto Limpo municipal.
O Concello agradece a colaboración cidadá para manter o contorno limpo e lembra que o uso dos canles oficiais evita a contaminación e posibles sancións por abandono de residuos.