Arteixo destina 105.000 euros a mellorar as competencias dixitais do alumnado dos centros públicos

ACoruñaXa
O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións para dotar aos colexios e institutos de novo equipamento tecnolóxico
ies-murguia-arteixo
6 Aug 2025

O Concello de Arteixo vén de anunciar unha nova liña de axudas dirixida aos centros públicos de ensino do municipio, tanto de educación obrigatoria como non obrigatoria, co obxectivo de reforzar as competencias dixitais do alumnado.

As subvencións, cun orzamento total de 105.000 euros, permitirán investir en equipamento tecnolóxico e ferramentas TIC/TAC que melloren a formación e habilidades do estudantado.

Os centros interesados poderán presentar a súa solicitude seguindo o procedemento establecido na convocatoria municipal. Unha vez concedidas, as axudas deberán empregarse para a adquisición de recursos que impulsen a innovación educativa e a transformación dixital das aulas.

⚙ Configurar cookies
0.17770099639893