Arteixo convoca unha concentración por ‘unha paz xusta’ e rexeita o xenocidio en Gaza

ACoruñaXa
O Pleno do Concello aprobou por unanimidade unha moción de apoio á paz e chama á cidadanía a sumarse o 17 de outubro diante do Concello
ARTEIXO concentracion palestina
13 Oct 2025

O Concello de Arteixo vén de aprobar no Pleno da Corporación, co apoio de todos os grupos municipais, unha moción de respaldo ás demandas de ‘paz xusta’ e de condena do xenocidio. Como continuación desas declaracións, a administración local convoca á veciñanza a unha concentración para manifestar colectivamente a súa solidariedade e esixir solucións pacíficas e respectuosas dos dereitos humanos.

A convocatoria está fixada para o martes 17 de outubro ás 12.00 h diante do Concello de Arteixo. As autoridades municipais fan un chamamento a participar de forma pacífica e a respectar todas as normas de convivencia durante a mobilización.

Con esta iniciativa, o Concello busca sumar a voz local ás accións de protesta e apoio que se están a desenvolver a nivel internacional e estatal, insistindo na necesidade de protección da poboación civil e na búsqueda de vías diplomáticas para poñer fin á violencia.

⚙ Configurar cookies
0.071094989776611