Arteixo converterá un dos depósitos de auga de Sabón nun miradoiro con vistas ao litoral

ACoruñaXa
A obra consistirá na construción dunha escaleira helicoidal ao redor da estrutura cilíndrica do depósito
mirador-arteixo
19 May 2025

O Concello de Arteixo vén de anunciar unha nova actuación urbanística que permitirá transformar un dos depósitos de auga situados en Sabón nun miradoiro panorámico. A intervención forma parte do obxectivo municipal de poñer en valor o litoral e ofrecer novos espazos de lecer á veciñanza.

A obra será executada pola empresa municipal SUMARTE Arteixo e consistirá na construción dunha escaleira helicoidal ao redor da estrutura cilíndrica do depósito, que contará cun valado de seguridade na parte máis alta. Desde ese punto poderase contemplar unha ampla vista do litoral arteixán.

Ademais da transformación do depósito, tamén se acondicionará a contorna de ambas estruturas da zona. Está prevista a creación de espazos axardinados e a instalación de bancos para favorecer o descanso e a contemplación da paisaxe.

Segundo confirmou o Concello, os traballos estarán finalizados antes de rematar o ano. Esta iniciativa súmase a outras actuacións impulsadas polo Goberno local para mellorar os espazos públicos e reforzar a conexión da cidadanía co seu entorno natural.

⚙ Configurar cookies
0.19999384880066