Arteixo celebra o Día do Deporte na Rúa o domingo 30 de xuño

ACoruñaXa
Este ano organízanse máis de 30 modalidades deportivas, dirixidas a todas as idades
Imaxe do cartel do Día do Deporte na Rúa en Arteixo
24 Jun 2024

O vindeiro domingo 30 de xuño Arteixo celebra o XXI Día do Deporte na Rúa, evento organizado polo Servizo Municipal de Deportes en colaboración con numerosas entidades deportivas do municipio.

O evento comezará ás 11.00 horas e dudará ata ás 14.00 horas. A través da actividade preténdese fomentar hábitos de vida saudables, achegando a actividade física e o deporte a toda a cidadanía; unha xornada na que o Paseo Fluvial se transforma no espazo deportivo máis multitudinario do deporte para todos de Arteixo, onde teñen cabida numerosas modalidades deportivas, desde os deportes máis coñecidos ata aqueles denominados minoritarios.

Destaca o patrocinio das empresas colaboradoras, clubs e entidades deportivas, que ano a ano brindan o seu apoio para permitir a celebración deste día festivo do deporte arteixán, reunindo actividades deportivas que habitualmente poderían resultar inaccesibles.

Este ano organízanse máis de 30 modalidades deportivas, dirixidas a todas as idades. Para facer posible este evento participan máis de 100 monitores das diferentes entidades deportivas colaboradoras

Tamén haberá exhibicións das Escolas Deportivas Municipais e diferentes clubs deportivos; e ao finalizar o evento en torno ás 14.00 h haberá sorteos de agasallos cedidos polas empresas patrocinadoras

 

CARTEL DIA DO DEPORTE 2024_-1

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16114497184753