Arteixo celebra o Día de Santa Icía cunha xornada musical no Centro Cívico Cultural Manuel Murguía

ACoruñaXa
A Banda de Música Santiago de Arteixo e o II Festival Musical Santa Icía protagonizan unha programación aberta ao público o 22 de novembro
ARTEIXO concerto santa icia
21 Nov 2025

Arteixo converterase este 22 de novembro no epicentro da celebración de Santa Icía, patroa das músicas e dos músicos, cun programa especial que encherá de música o Centro Cívico Cultural Manuel Murguía. A proposta inclúe dúas citas gratuítas, abertas ao público ata completar a capacidade da sala.

A xornada comezará ás 12.00 horas cun concerto da Banda de Música Santiago de Arteixo, dirixida por Alejandro Vázquez. A formación ofrecerá un repertorio especialmente preparado para esta festividade, co obxectivo de poñer en valor o traballo musical que desenvolve ao longo do ano no municipio.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase o II Festival Musical Santa Icía, un encontro que reúne destacadas formacións locais. Participarán a Coral Polifónica Sagrada Familia, o grupo de pandeireta das Actividades Sociais da concellería de Maiores e Actividades Sociais de Arteixo e o Orfeón de Arteixo, nun programa que combinará música coral, tradición e interpretación vocal.

As dúas actividades, organizadas polo Orfeón de Arteixo e co apoio da área de Cultura do Concello de Arteixo, teñen entrada libre ata completar aforo, cun acceso que se realizará desde unha hora antes do inicio de cada actuación.

⚙ Configurar cookies
0.071870088577271