Arteixo celebra o Día da Poesía este venres co '6º Festival de primaveira'

ACoruñaXa
O '6º Festival de primaveira' será celebrado na recentemente remodelada capela do Balneario de Arteixo
Imaxe recurso poesía
21 Mar 2024

Este xoves 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Poesía e con motivo desta data o Concello de Arteixo organiza este venres o 6º Festival de primaveira, un recital poético-musical protagonizado por poetas e músicos novos do municipio, así como un pequeno grupo de escritoras adultas.

O evento, que será celebrado na recentemente remodelada capela do Balneario de Arteixo, comezará ás 20.30 horas e a entrada será de balde até completar a capacidade da sala.

Na lectura de textos participará alumnado do IES Manuel Murguía e os poetas Amadora da Vila, Begoña Picón e Alfredo Ferreiro. A parte musical correrá a cargo da Orquestra da Escola Municipal de Música de Arteixo cun repertorio do máis variado que cosnsitirá en pezas de Star Wars, Zombie Dance, Bichos espeluznantes e Andalucía, entre outras, con arranxos de Pablo Vázquez.

6º Festival de primavera
0.19321084022522