Arteixo aproba unha modificación de crédito de máis de 7 millóns de euros para novos proxectos e investimentos

ACoruñaXa
Os fondos permitirán reforzar actuacións xa previstas e poñer en marcha obras de mellora no municipio
Fotografía da Casa do Concello de Arteixo
7 Aug 2025

O Concello aprobou a pasada semana unha modificación orzamentaria de máis de 7 millóns de euros que permitirá reforzar investimentos xa previstos e poñer en marcha novas actuacións en distintos ámbitos.

Entre as partidas máis destacadas atópanse 3,88 millóns para a humanización da travesía de Arteixo (fase 1) e 2,77 millóns para a reforma do Edificio Balneario e Casa de Baños, proxecto que busca recuperar un espazo emblemático do municipio. Tamén se destinan recursos para a creación de sendas peonís con carril bici en Sabón, un novo aparcadoiro na rúa Sinforiano López e a recollida porta a porta en comercios e hostalaría.

Ademais, reservaranse fondos para a elaboración da cartografía e redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), unha ferramenta clave para o desenvolvemento urbanístico de Arteixo.

⚙ Configurar cookies
0.10166120529175