Arteixo acolle o final do CGT o domingo 2 de novembre

O vindeiro domingo 2 de novembro o campionato galego de trial (CGT) clausurará a súa tempada coha proba organizada polo Club Motomontañismo Arteixo, pero o sábado 1 de novembro servirá como día de lembranza e tributo a un dos seus membros máis queridos: Juan Filgueiras Rama, coñecido como 'Lelé'. O club anunciou que dedicará unhas horas previas á competición para renderlle unha homenaxe pública na que se espera a presenza de pilotos, afeccionados e familiares.
A iniciativa xorde do profundo impacto que Lelé tivo no mundo do trial galego e no propio club motomontañista. Tal como recollen as redes sociais da entidade, o seu falecemento causou 'gran tristeza para todos os membros do CMMA' e o homenaxe será un acto de recoñecemento tanto da súa traxectoria deportiva como do valor humano que deixou entre compañeiros.
O programa do sábado incluirá un minuto de silencio, a presentación dun recordo no circuito e unha palabras de despedida canda familiares e membros do club, antes de que o domingo arranque a propia proba final do campionato.
O domingo, o CGT pechará a tempada coa última cita no municipio, que promete ser unha xornada cargada de emoción, ambiente de afición e competición de altura. O club invita a todos os afeccionados a acompañalos neste fin de semana especial, tanto para participar como para asistir como público, e agradece por adiantado o apoio recibido.