Arteixo abrirá unha nova rúa entre as de Torrente Ballester e República Arxentina
O Concello de Arteixo iniciou hai uns días a construción dunha nova rúa. Anteriormente adxudicara a obra por 157.508 euros, impostos incluídos, que consiste na apertura dunha nova rúa en Candame que comunique as rúas Torrente Ballester e República Arxentina. Os traballos consisten na ampliación e acondicionamento dun camiño de terra e serán executados por Xardinería Arce, que se impuxo a outras empresas que concorreron ao concurso. O Concello fixa un prazo de execución da obra é de tres meses.
O prego de condicións detalla que para conter as terras crearase un muro de contención na zona de acceso desde Torrente Ballester, onde xa está pavimentado parte deste camiño. No outro extremo, o de República Arxentina, substituirase un antigo muro de pedra por outro de formigón dado que as parcelas lindeiras atópanse a unha cota lixeiramente superior á da calzada,
O resto do carreiro, actualmente de terra e cuberto de vexetación, pavimentarase e ampliará para dotalo dun ancho suficiente para o paso de vehículos e tamén de beirarrúas que garantan a seguridade dos peóns.
Dende o Gobenro local apuntan que se trata dunhas obras “absolutamente necesarias ao ser a pavimentación de gran parte da zona inexistente, non existir zona de peóns e ser as dimensións de paso de vehículos moi escasas, o que impide a boa circulación”.