Arteixo abre inscricións para un curso de conversa en inglés dirixido á mocidade

ACoruñaXa
A actividade, para idades de 12 a 30 anos, desenvolverase os venres entre o 27 de febreiro e o 25 de xuño con prazas limitadas
ARTEIXO curso inglés
9 Feb 2026

O Departamento de Xuventude do Concello de Arteixo pon en marcha unha nova edición do curso de conversa de inglés, unha proposta pensada para mozas e mozos de 12 a 30 anos que queiran mellorar o idioma dun xeito práctico, gañando soltura e confianza en situacións reais do día a día.

O programa artéllase en sesións dinámicas centradas na conversa, co obxectivo de reforzar vocabulario e fluidez sen esixir un nivel alto previo, máis alá das ganas de aprender. As clases impartiranse os venres de 17.00 a 18.30 horas, cun calendario que vai do 27 de febreiro ao 25 de xuño.

O prazo de inscrición abrirá do 9 ao 13 de febreiro a través dun formulario web. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Unha vez confirmada a praza, o Concello indica que o período para formalizar o pagamento será os días 17 e 18 de febreiro.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no 981 659 133 ou acudir ao servizo de Xuventude na Travesía de Arteixo, 247.

⚙ Configurar cookies
0.082360029220581