Arteixo abre a primeira quincena de xuño o prazo de renovación das escolas deportivas

ACoruñaXa
O periodo de renovación para acudir as escolas deportivas de Arteixo será do 1 ao 14 de xuño
Imaxe de Arteixo
28 Maio 2024

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Arteixo informa da apertura do prazo de renovación do Programa de Escolas Deportivas Municipais para o vindeiro curso 2024/2025.

Neste sentido, aquelas persoas inscritas no Programa de Escolas Deportivas Municipais no curso 2023/2024 e non superen o 30 % de faltas de asistencia, poderán renovar a praza no mesmo grupo.

O periodo de renovación será do 1 ao 14 de xuño, entregando o xustificante de pago antes das 14.00 horas do 15 de xuño de 2024. Deberá facerse nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas).

Tamén, se pode entregar a inscrición a través do correo electrónico deportes@arteixo.org, indicando nome, apelidos, dni e grupo no que se atopa inscrito e solicita a renovación.

0.16897892951965