Arranca en Curtis o programa #EducandoNaBiosfera co CEIP de Teixeiro

ACoruñaXa
A iniciativa 'Maxia da compostaxe' contou coa participación de integrantes da Asociación Down Coruña
curtis-biosfera
26 Mar 2025

O Concello de Curtis pon en marcha por primeira vez o programa #EducandoNaBiosfera, que nesta ocasión chegou ás aulas de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP de Teixeiro. A iniciativa, titulada 'Maxia da compostaxe', tamén contou coa participación de integrantes da Asociación Down Coruña.

A actividade permitiu que os nenos e nenas coñecesen de primeira man os diferentes pasos do proceso para a elaboración de compost. A cativada tivo a oportunidade de aprender sobre o funcionamento do proceso de reciclaxe, o coidado do medio ambiente e como incorporar estes coñecementos nos seus hábitos diarios.

Esta actividade formativa resulta unha excelente oportunidade para sensibilizar aos máis pequenos sobre a importancia da compostaxe e a xestión responsable dos residuos, promovendo unha maior conciencia ecolóxica desde idades temperás.

⚙ Configurar cookies
0.47493720054626