Aranga promove unha excursión ao Balneario Termal de Mondariz con prezo especial

ACoruñaXa
A saída, organizada por Divulgo Turia – Tour Spa Turia, celebrarase o 4 de novembro e inclúe transporte, almorzo, xantar buffet e acceso á zona termal
ARANGA excursión balneario
14 Oct 2025

O Concello de Aranga anuncia unha viaxe organizada ao Balneario Termal de Mondariz para o vindeiro 4 de novembro, en colaboración con Divulgo Turia – Tour Spa Turia. A proposta está dirixida á veciñanza que desexe gozar dunha xornada de benestar e lecer nun dos complexos termais de referencia en Galicia.

O paquete ofertado contempla autobús de ida e volta, almorzo e xantar en formato buffet con sobremesas e bebidas incluídas, así como acceso ao spa e á piscina termal. A actividade complétase cun percorrido turístico e informativo polas instalacións do balneario.

O custe da excursión está fixado en 45 euros. As inscricións realízanse a través dos Servizos Sociais do Concello de Aranga, no teléfono 646 578 768.

⚙ Configurar cookies
0.07683801651001