Aranga prepara dous obradoiros de Entroido para nenos e nenas de 4 a 12 anos

ACoruñaXa
Haberá unha xornada de manualidades e xogos o 16 de febreiro e outra de cociña o 18, no anexo do CEIP A Castellana
ARANGA entroido
5 Feb 2026

O Concello de Aranga pon en marcha unha proposta de Entroido dirixida á cativada, con dúas sesións pensadas para combinar creatividade e tradición gastronómica. As actividades están abertas a nenos e nenas de 4 a 12 anos e desenvolveranse no anexo do CEIP A Castellana, en horario de 10.30 a 13.30 horas.

A primeira cita será o luns 16 de febreiro, cun obradoiro de Entroido centrado en manualidades e xogos. A segunda, o mércores 18, consistirá nun obradoiro de cociña para preparar pratos e doces típicos destas datas.

As prazas son limitadas (cun máximo de 20 participantes) e o prezo é de 5 euros, que inclúe as dúas actividades. As inscricións permanecerán abertas ata o mércores 11 de febreiro. Para máis información, o Concello facilita o teléfono 981 79 35 90 e o correo apuntatearanga@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.076889991760254