Aranga organiza unha sesión informativa para aforrar nas facturas da luz e do gas
O Concello de Aranga organizou o pasado venres en Muniferral unha sesión informativa impartida pola Fundación Naturgy, destinada a axudar á veciñanza a reducir as facturas de luz e gas. Durante a xornada, tratáronse temas como os diferentes tipos de contratos de electricidade (mercado regulado e libre), os elementos clave das facturas, o bono social de electricidade e diversas medidas de aforro enerxético.
A sesión celebrouse na Aula Informática de Muniferral ás 11:00 h e contou cunha boa asistencia de veciños e veciñas, que puideron resolver as súas dúbidas e recibir consellos prácticos para mellorar a eficiencia enerxética no fogar.
O Concello de Aranga reafirma o seu compromiso co aforro enerxético e co benestar da súa comunidade, facilitando recursos e información. Para máis detalles, pódese contactar no teléfono 981 793 590 ou no correo servicios.sociais@aranga.gal.