Aprobado o estudo de detalle para a futura biblioteca de Palavea

ACoruñaXa
O Concello dá un novo paso para transformar o antigo mercado nunha biblioteca con aula de informáticaantes de finais de 2027
A CORUÑA palavea
23 Oct 2025

O Goberno local aprobou hoxe en XGL o estudo de detalle da parcela do antigo mercado municipal de Palavea, sen actividade dende hai anos. Trátase dun trámite clave, que chega tras o cambio de uso do solo, e que permite avanzar cara á execución das obras do novo equipamento.

O proxecto prevé converter o actual inmoble nunha biblioteca municipal dotada tamén dunha aula de informática, co obxectivo de ampliar os servizos culturais e educativos do barrio. O investimento municipal será de máis de 750.000 euros. O Concello ten xa encargados os proxectos de demolición do mercado e de construción do novo edificio, actualmente en redacción.

O calendario manexado polo Executivo municipal pasa por licitar a actuación en 2026 e rematala antes de que finalice 2027, de xeito que Palavea conte cun novo espazo de lectura, estudo e formación dixital no horizonte do próximo mandato.

⚙ Configurar cookies
0.071393966674805