Ángel Carracedo falará en Ordes sobre como a xenética axuda a previr o cancro e presentará o Proxecto Xenoma Galicia

ACoruñaXa
O relatorio, organizado pola Asociación Contra o Cancro de Ordes coa colaboración do Concello, será o mércores 15 de outubro ás 19.00 no auditorio María del Carmen Regueira Amor con entrada de balde
ORDES charla genética
29 Sep 2025

O catedrático e investigador Ángel Carracedo ofrecerá en Ordes unha charla divulgativa sobre o papel da xenética na prevención do cancro e dará a coñecer os avances do Proxecto Xenoma Galicia. A cita será o mércores 15 de outubro ás 19.00 no auditorio María del Carmen Regueira Amor, na Casa da Cultura, con acceso libre até completar aforo. A iniciativa está promovida pola Asociación Contra o Cancro de Ordes e conta coa colaboración do Concello.

O Xenoma Galicia explora un enfoque de medicina personalizada baseado na identificación de variantes xenéticas que axudan a previr enfermidades e a orientar decisións clínicas. Entre as patoloxías estudadas figuran o cancro de mama e ovario hereditario, o síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Os datos de secuenciación obtenidos poderán reempregarse en tratamentos futuros e cediranse de forma anónima para investigación biomédica, sempre con consentimento informado das persoas participantes.

⚙ Configurar cookies
0.10639214515686