Ana Pontón lidera a lista para o 18F do BNG pola Coruña

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar as listaxes definitivas dos partidos políticos que concorrerán ás eleccións á Xunta de Galicia o próximo 18 de febreiro. No caso do BNG, a cabeza de lista será Ana Pontón (Sarria, Lugo) a portavoz nacional do partido e a candidata á Presidencia da Xunta de Galicia pola formación. A política é Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC.
En segundo lugar destaca a escritora e deputada do Parlamento Galego, Mercedes Queixas (A Coruña). Estudou no IES de Monelos da cidade e licenciouse en Filoloxía Hispánica, especializándose na subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. É profesora nun instituto e membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega.
En terceiro lugar atópase Rosana Pérez (A Pobra do Caramiñal) a deputada do BNG no Parlamento de Galicia fixo unha formación profesional administrativa, e aprobou unhas oposicións para a Xunta de Galicia, onde obtivo a praza de secretaria de instituto en Ribeira.
O cuarto lugar da lista é para o dirixente do CIG industria de Ferrolterra, Ramón Fernández Alfonzo (Ferrol), é Licenciado en Dereito pola UNED e realizou un Curso Superior de Relacións Laborais pola USC, ademais é técnico superior en prevención de riscos laborais polo Instituto Nacional de Seguridade.
Ségueo na lista o concelleiro de Carballo, Daniel Pérez López (Erbecedo, Coristanco), Licenciado en Dereito pola UDC desenvolve a súa carreira profesional como avogado laboralista. No sexto posto atópase Iria Carreira Pazos (Arzúa), é Licenciada en Medicina pola USC, na actualidade exerce como médica residente en Medicina Familiar e Comunitaria en Santiago de Compostela.
No sétimo posto encontrase Óscar Ínsua Lema (Corcubión) concelleiro do BNG no concello de Corcubión e Licenciado en Dereito pola USC. Por último, no numero oito atópase a militante Iria Taibo (Oleiros) é tradutora e traballadora autónoma.
A lista completa pola Coruña do BNG é a seguinte:
- Ana Belén Pontón Mondelo
 - Mercedes Queixas Zas
 - Rosana Pérez Fernández
 - Ramón Tomás Fernández Alfonzo
 - José Daniel Pérez López
 - Iria Carreira Pazos
 - Óscar Ínsua Lema
 - Iria Taibo Corsanego
 - José Manuel Golpe Acuña
 - Saleta Chao Rivas
 - Julio José Conde López
 - 12. Cristina López Sánchez
 - Joám Luís Ferreiro Caramés (Cesio)
 - Carolina Castiñeiras Brandón
 - Primitivo José Pedrosa González
 - Alba López Regueiro
 - Ángel Rial Otero
 - Alejandra Permuy Meizoso
 - Xesús Eladio Seixo Fernández
 - Manuel Antonio Villaverde Rey
 - Carlos Manuel Callón Torres
 - María Agustina Cortés Romero
 - María Elvira Souto Presedo
 - Xesús Miguel de Toro Santos
 - José Luis Rivas Cruz (Mini)
 
Suplentes:
- María Beatriz Pérez Mosquera
 - José Alberto García Sánchez
 - María Cristina Andrade González
 - Xoán Manuel Fernández Bello
 - Juan Jesús Freire Otero