Amigos dos Museos de Galicia organiza unha conferencia sobre os castrexos na Costa da Morte

ACoruñaXa
A charla deste xoves estará impartida polo arqueólogo Ángel Concheiro e baixo o nome 'Castro das Barreiras, Vimianzo. Na Fisterra dos Castrexos Atlánticos'
Imaxe do cartel da charla sobre os castrexos
19 Xuño 2024

A Asociación Amigos dos Museos de Galicia organizan no seu espazo en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) este xoves, 20 de xuño, unha conferencia impartida polo arqueólogo Ángel Concheiro titulada: 'Castro das Barreiras, Vimianzo. Na Fisterra dos Castrexos Atlánticos'.

O evento comezará ás 20.00 horas e será de balde ata completar aforo.

O castro das Barreiras, sitúase na parroquia de San Xoán de Cambeda, no concello de Vimianzo, capital da Terra de Soneira e centro da Costa da Morte. A súa localización, na contorna urbana de Vimianzo e á beira mesma da transitada estrada A Coruña – Fisterra, así como a singularidade de ser un castro de chaira, a súas orixes en plena Idade do Ferro e construccións, como achados, fan del un dos xacementos máis atractivos de Galicia e convérteo nun recurso cultural e turístico de primeira orde.

 

O Castro das Barreiras por Ángel Concheiro en Portas Ártabras
0.16166281700134