Amigos dos Museos de Galicia organiza acolle unha palestra sobre artistas coruñesas durante o franquismo

ACoruñaXa
Será este xoves en Portas Ártabras coa intervención de Rosario Sarmiento
xornada-amigos-museos-rosario-sarmiento
14 May 2025

Este xoves, 15 de maio, ás 20.00 horas, celebrarase en Portas Ártabras a palestra titulada “Territorios de intimidade: artistas coruñesas nos anos do franquismo, 1939-1975”. A actividade está organizada por Amigos dos Museos de Galicia e contará coa intervención de Rosario Sarmiento, licenciada en Historia, crítica de arte, comisaria de exposicións e especialista en coleccionismo e historia da arte da muller en Galicia.

Na charla farase un percorrido pola vida e obra das artistas coruñesas que desenvolveron o seu traballo durante a etapa do franquismo. Un período que condicionou tanto a súa vida persoal como profesional, dificultando en moitos casos que puidesen consolidar unha carreira artística. As limitacións de acceso á formación académica, os prexuízos sociais e a escasa visibilidade da muller no eido artístico converteron a estas creadoras en figuras case descoñecidas para a historia.

Moitas delas atoparon na docencia unha vía para expresar o seu talento, ante a falta de oportunidades no mundo profesional da arte, dominado polas expresións máis conservadoras da época.

A entrada é libre ata completar aforamento.

⚙ Configurar cookies
0.055382966995239