AMFAR Cambre traslada as súas demandas á Xunta de Galicia

Catalina Rodríguez, presidenta de AMFAR Cambre (Federación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural) mantivo unha reunión coa delegada da Xunta, Belén do Campo.
Durante o encontro, a entidade trasladou o seu traballo á delegada, que escoitou as súas demandas.
Pola súa banda, Belén do Campo agradeceu o seu labor por dar visibilidade ao papel que teñen as mulleres rurais na sociedade.