Ambroa, en Irixoa prepara as festas de San Tirso con cea popular e tres días de música

ACoruñaXa
A parroquia celebra do venres 23 ao domingo 25 de xaneiro, unha fin de semana na que se combinan os actos relixiosos coas verbenas e a gastronomía
IRIXOA festa ambroa
16 Jan 2026

A parroquia de Ambroa, no concello de Irixoa, volverá festexar San Tirso no último fin de semana de xaneiro, unha cita xa asentada no calendario local e que cada ano reúne veciñanza e visitantes.

O programa arrinca o venres 23 cunha cea popular no Campo da Festa de Ambroa, prevista para as 21.00 horas e cun prezo de 25 euros. O menú inclúe entrantes como empanada caseira, xamón escaldado, chourizo, queixo e xamón, polbo á feira e de sobremesa requeixo con mel, ademais de pan, viño, auga e café. A asistencia require anotación previa a través dos contactos da comisión.

No apartado relixioso, a festa mantén as misas e procesións arredor da igrexa parroquial de San Tirso de Ambroa, situada na zona da Graña.

⚙ Configurar cookies
0.089469909667969